Fácil de usar, fiable, baixo consumo de batería. Con soporte para imaxes, conversas en grupo e cifraxe e2e. Principios do deseño: * Ser tan fermosa e doada de usar como sexa posible sen sacrificar a seguridade ou privacidade * Apoiarse en protocolos existentes e ben establecidos * Non precisar dunha Conta de Google ou concretamente Google Cloud Messagin (GCM) * Solicitar os mínimos permisos posibles Características: * Cifraxe extremo-a-extremo, ben con OMEMO ou con OpenPGP * Enviar e recibir imaxes * Chamadas de audio e vídeo cifradas (DTLS-SRTP) * Interface intuitiva seguindo as recomendacións Android Design * Imaxes/Avatares para os Contactos * Sicronizada co cliente de escritorio * Conferencias (con soporte para marcadores) * Integración coa Libreta de enderezos * Varias contas cunha lista de conversas unificada * Consumo de enerxía moi baixo Con Conversations é moi doado crear unha conta no servidor gratuíto conversations.im. Con todo, Conversations funcionará igualmente con calquera outro servidor XMPP. Existen moitos servidores XMPP xestionados por voluntarios e gratuítos. Características de XMPP: Conversations funciona con calquera sevidor XMPP, mais XMPP é un protocolo extensible. Estas extensións tamén están estadarizadas nos chamados XEP's. Conversations da soporte a un par delas que axudan a mellorar a experiencia de uso da aplicación. Pode acontecer que o teu servidor XMPP actual non dé soporte para estas extensións. Por tanto para obter o mellor resultado ao usar Conversations debes ter considerar usar un servidor XMPP que si o faga - ou incluso mellor - xestionar o teu propio servidor para as túas amizades. Estes XEPs son - neste intre: * XEP-0065: SOCKS5 Bytestreams (or mod_proxy65). Usado para a transferencia de ficheiros se as dúas partes están detrás dun cortalumes (NAT). * XEP-0163: Personal Eventing Protocol para os avatares * XEP-0191: O bloqueo de ordes permiteche bloquear spammer ou contactos sen eliminalos das túas listaxes. * XEP-0198: Stream Management permite que XMPP sobreviva a caídas da rede e cambios na conexión TCP. * XEP-0280: Message Carbons permite sincronizar automáticamente as mensaxes co teu cliente de escritorio e por tanto cambiar dun a outro sen perder mensaxes da conversa. * XEP-0237: Roster Versioning fundamentalmente para aforrar datos en conexións móbiles * XEP-0313: Message Archive Management sincroniza o historial de mensaxes co servidor. Para obter as mensaxes recibidas cando Conversations non teña conexión. * XEP-0352: Client State Indication permítelle ao servidor saber se Conversations está a funcionar en segundo plano. Permítelle ao servidor aforrar ancho de banda retendo paquetes de datos de pouca importancia. * XEP-0363: HTTP File Upload permíteche compartir ficheiros en salas de conferencia e con contactos que non están conectados. Require un compoñente adicional no teu servidor.